jueves, 21 de enero de 2010

Resposta masiva contra o Decretazo


Estes somos nós e outros famosos na manifestación






AS PANCARTAS



A MANI

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben, moi ben, moooi ben... Serardo, vicencio, honorato e miguel, falamos Galego facemos moi ben, como xa fiserón os da vella ola, ¡Falemos Galego na rúa e na escola!

¡APRENDER EN GALEGO NON É UN DELITO!

¡¡O GALEGO UNE¡¡

Poldi

Anónimo dijo...

O Galego une pero non cas bandeiras nacionalistas, non o esquezas Poldi.

Galeguismo non e nacionalismo, cousa que moitos non o queren entender por mor da iñorancia.

Fdo.:
O Brazo esquerdo

Anónimo dijo...

Brazo esquerdo, ese non é o debate. O debate é se o Decreto é bo.
1/3 das clases en inglés (para que?) algo imposible e mentres tanto, esas clases sustituidas polo Castelán sen falar de outros moitos aspectos do Decreto.
Acórdome cando se empezou coas clases de sociais en galego,un escándalo : dicíase que os nosos fillos cando fosen a Madrid ían dicir "Rio teixo""Rio dourado" ían ser o faime reir de todos, nada de iso pasou. Pola mesma razón terán que pensar que agora dirán: tagus river,, castilian plateau, Mediterranean coast, mountains of Teruel, ¿Serán uns "pijos" ou non aprenderán nada de xeografía?
Un saúdo. Ubaldo

Anónimo dijo...

Xa, xa sei que-se non e o debate, eu falo enrriba-da base das bandeiras nacionalistas que míranse na manifestación. Eu estou a favor do galego pero nón que algúns fagan politica aproveitando o tema.

Queirase ou nón, o bilingüismo dunha comunidade que teña idioma propio sempre vai ter inclinacions nacionalistas pola defensa dos valores autóctonos. Póde-se defende-la lingua sen extremismos, aínda ca invasión doutras linguas, tamén e certo que fai ca exaltación nacionalista atópese preto das reivindicacións.

Nón xeneralizo. Aínda que témo-lo no espello de Cataluña, a lingua dunha cultura imposta a martillo na sociedade.

Estou en favor do galego, iso sempre. E lembro as verbas de Poldi "O Galego une" ...

Asiñado
O Brazo esquerdo

Anónimo dijo...

O meu querido brazo esquerdo, eu teño memoria histórica e non me esquezo, que o Galego foi un idioma perseguido e prohibido, e polo tanto odiado, polos que agora igual que antes, queren impoñer e someter ao galego a unha lingua pobre ou morta. Polo tanto, o miña máis enérxica protesta contra a intolerancia.

Porque eu son irmán dos meus irmáns, pero a miña nai é a miña nai, e a esa non se lle pode repudiar nin negala, e nin moito menos matala.

Teño claro que somos casteláns parlantes, pero o idioma como di Ubaldo, é cultura e aceno de identidade dun pobo, e quenes se mofan e rinse del, adoitan ser homofogos e racistas e polo tanto pouco intolerables.

Eu síntome cidadán do mundo, españa é un país multicultural e polo tanto rico nas súas linguas do mesmo xeito que europa e o resto do mundo, e o Galego, forma parte deste arcoíris multicolor onde pra min, todos teñen cabida e respeto.

O idioma no ten por que ser un elemento diferenciador o divisor , sinon, un elemento multipilicador de riqueza é cultura.

Como di Ubaldo, este tema non toca hoxe.
Hoxe toca que o decreto é unha sinvergüencería e unha aberración.

¡¡SER GALEGO É FALAR GALEGO, NON É UN DELITO¡¡

Poldi

Anónimo dijo...

Poldi ... Eu nón dixen o contrario, lee ben as miñas verbas. Eu defendo o galego por riba de todo, o que nón quero ser, rebaño dos intereses de algúns que fan política ca causa.

Só decirche tres cousas ...

1º - Dos que atópabanse nesa manifestación, ou os que defenden o galego, seguro que no día a día non son galego-parlantes.

2º - Eu tamén teño memoria histórica e moita vida nas costas xa que dende moi novo traballei nas ruas por toda nosa xeografía, e lembro no ano 1978, e sin ir maís lonxe tamén no ano 1982, falar Galego no centro de Vigo ou A Coruña, e a xente mirarme coma un bicho raro e chegar a chamarme "aldeano", e isto e algo que todos sabemos que sucedía.

3.- Os radicais-nacionalistas, que a mín nón me gustan, aínda que a fin de contas grazas a loita deles o galego vai saíndo adiante, pois iso, son radicaís que toiveron mandatos na xunta e tamén en moitos axuntamentos, pois son os primeiros que che dicen "Galiza nón e España", e eu podo sentirme é ser galego é máis nón renegar de outras cousas.

REPITO DE NOVO ... EU DEFENDO O GALEGO ...

Asiñado
O Braso esquerdo

Anónimo dijo...

¡¡¡¡¡ Viva Galiza ceibe !!!!

A Galiza patria.

iconoclasta dijo...

No se si os sentara bien, pero os puedo decir que me importa un carallo el gallego, si se habla, bien, si no se habla tambien.

Anónimo dijo...

Pascual, contigo xa temos o ceo gañado; sácanche de Júpiter e do co2, e todo o demais, é unha merda pinchada nun pau.

Está claro que non che sentes Galego, porque o idioma ademais doutros moitisimos matices culturais, é signo incofodible da identidade dun pobo. Ti séntesche castrapio.

Brazo esquerdo, alégrame e éncheme de satisfacción, que defendas o Galego.

Como che dixo Ubaldo, o debate trataba sobre a manifestación e protesta contra o decreto do varón señor Feijoo, e non de política e nacionalismos; diso podiamos falar moito e tendido pero… como forma parte do pensamento e a liberdade de cada individuo, neste blog temos como norma non hondar nela, para non crear conflitos.

En canto ao de aldeano, dicirche que ofende quen pode e non quen quere, aldeano vén de aldea, e nas aldeas a moita honra, vívese e séntese mellor a calidade de vida. Si a min chamásenme aldeano, non me ofenderían, senón todo o contrario diría; moi orgulloso de selo.

Un saúdo

Poldi

Anónimo dijo...

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.

The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”.

Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.

The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua.

This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.

So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo.

At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.

And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….

Ubaldo

Anónimo dijo...

Chego agora mesmo (01:45 h.) dunha cea cos siareiros do Coruxo F.C., a rúa atopábase escura e a xente que iba por diante do campo do vao camiñaba coa cabeza baixa, e o ambiente foi bastante frío pola choiva e humidade do mar. Mañán domingo (hoxe xa), xogamos coa U.D. Somozas que adestra o ex-deportivista Nando ... O profesor Ubaldo sabe que sin fútbol a miña vida non ten sentido.

Fúmonos poñendo a tono e agardando atopar un recuncho na churrasqueria "A Capela", aínda que atópamos a rúa aínda máis escura do que estaba a estrada do Vao, e pra poder consumir unha copiña de licor café con calma, cal é a nosa sorpresa cando nos atopámos de fociños cunha comparsa que cantaban cantigas populares da nosa terra, animados polas bebidas espirituosas que sirve o cantineiro na barra de "A Capela".

A estrada do Vao, ca isla de Toralla no fondo, alí istivemos uns amigos co fútbol coma tema dunha paisón que só os tolos terían cabida nas conversas de madrugada, mañán domingo (hoxe xa), ben cedo imos facer un cocido no porto de Canido pra xantar e lembrar ca vida e só pra os que a queiran vivir sen barreiras.

Arriba "A Capela" !!! ... O fútbol, as mulleres e os amigos de toda-la vida ... Profesor, quérote moito, lembro as que pasamos po-los campos de fútbol cos nosos fillos e as veces que empuxache a miña carruaxe ...

Asiñado
O brazo esquerdo