domingo, 3 de abril de 2022

 Hoxe celebramos a comida anual da Asociación Veciñal da Miñoca, anulada estes dous últimos anos por motivos da pandemia.

Á comida non faltou o noso alcalde, que deu o seu pequeno discurso; David Reagades delegado do Estado da zona Franca e outra concelleira que, aínda que ten cara coñecida  non a identifico e négome a buscala na internet. 

Comemos e bebemos en abundancia, bailado ata rebentar e sobre todo pasámolo divinamente e todo isto grazas á directiva desta Asociación que sempre está a se esforzarse para que gocemos. Pero moi especialmente darlle as grazas á Presi: Elena e a Marisé dous fenómenos que non paran de traballar polos demais. 

Esta Asociación é diferente a todas a demais; é unha Asociación que non ten cantina (é a única que coñezo que carece dela) e iso xa di moito. Todas as súas actividades buscan un transfondo cultural, as súas viaxes buscan sempre o coñecemento e sempre apoian o movemento feminino con actividades reivindicandoo. 

Por todo isto, moitas grazas a esta marabillosa asociación

 



No hay comentarios: